tarxeta

TARXETA
BÁSICA

Nº tarxetas repartidas:

UNHA RESPOSTA
SEN PRECEDENTES
A UNHA SITUACIÓN
SEN PRECEDENTES

O proxecto Tarxeta Básica
asiste a miles de familias
galegas en situación de
vulnerabilidade económica,
outorgándolles unha tarxeta
prepago para realizar compras
de produtos de alimentación,
hixiene e farmacia.

sponsors

Co soporte técnico de: abanca

A Tarxeta Básica encadrase no Plan de recuperación social de Galicia, que foi aprobado coa finalidade de atender as necesidades mais urxentes xurdidas a consecuencia da COVID-19.

Tratase dunha medida que non estigmatiza, xa que permite ás persoas que están atravesando dificultades económicas por mor da pandemia beneficiarse de xeito anónimo.

É unha tarxeta bancaria que ven precargada con importes mensuais en función do número de membros da unidade familiar con 150, 200 ou 300 euros mensuais, segundo sexan familias de 1, 2 ou máis de 3 persoas.

A utilización destas tarxetas está limitada aos establecementos que se dediquen ao comercio ao por menor de produtos de alimentación, hixiene e farmacia.